Manuel María: Poeta Nacional de Galiza

2015, Azaroak 19

foto-6

Xosé Estévez

Para o vindeiro ano 2016 a Real Academia Galega elixiu a Manuel María para dedicarlle o Día das letras Galegas. Este extraordinario escritor, admirador de Euskal Herria, colaborador desinteresado do Fato Daniel Castelao e sincero amigo meu ben merece esta crónica, moi curta para os seus méritos.

Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 na Casa de Hortas, en Outeiro de Rei, da Terra Chá, no seo dunha familia labrega acomodada, con criados prós labores do campo.

A TERRA CHÁ é unha longa chaira, unha paisaxe de celmosas e agarimantes ondulacións, tutelada por castros como o de Viladonga e vixiada polo rexo batallón da Serra do Xistral e dous sentinelas esculcantes, sempre  á espreita, as Penas de Rodas. Unha antiga lagoa cubría, ó parecer, toda a meseta e fican como mostra algunhas lagoas como a de Cospeito ou misteriosa e arrepiante do Ollo. As augas do pai Miño caudal súcana amorosamente e alédana cursos máis pequenos como o Ladra ou o diminuto regato do Cepelo, tan querido prá Manuel María. Berce de egrexios poetas como Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, Noriega Varela, Fernán Vello, Darío Xohan Cabana, Rábade Paredes e outros.

A Casa, onde naceu e a quen lle dedicou varios poemarios, tiña lousado a catro augas, con anchas paredes de pedra gra, chimené aristocrática, cortes pró gando, alpendre anexo prá gardar ferramentas, apeiros e carros, unha ampla horta con pozo e unha palleira abeirada por un enorme cedro, hoxe desaparecido. Todo o conxunto esta arrodeado por un rexo muro pétreo, que contén actualmente na meirande a Casa Museo, sede da Fundación de Estudos Manuel María, cuxo obxectivo é conservar e espallar a vida do autor.

O seu pai, Antonio Fernández Núñez, era un home de sona e prestixio no pobo, chegando a ser alcalde da vila. A Nai, Pastora Teijeiro Casanova, proviña de Vilanova, un lugar preto de Conturiz, non lonxe de Lugo e procedía por liña materna da bisbarra de Quiroga, pois a nai dela, Consuelo Casanova Neira, nacera no Hospital, no pazo coñecido como de Tor hoxe medio derrubado, dos Condes de Torrenovais, de cuxas propiedades o pai era administrador. No val de Quiroga aínda ten familia, pois eran parentes seus a Pastorita e Alvaro, coñecido poño alcume de “Perra chica”. Os Neira procedían de Casa fidalga en Veiga de Valcarce, de donde tamén proviña a mai de Novoneira e a miña avoa materna, Josefa González Neira, emparentada cos de Sá, en Quiroga

Foron catro irmáns varóns, Suso, José, Antón e Manuel María, o maior deles e todos  xa finados. Suso morreu moi novo, probablemente atropelado por un camión, cuxo condutor nin se decatou do infortunio. Esta desgraza supuxo un golpe moi fondo, que perduraría moito tempo no subconsciente familiar. Manuel María morreu o 8 de setembro do 2004, despois foi Antón o 15 de marzo do 2009 e José o 15 de maio do 2011.

Manuel María viveu os seus anos da nenez e da adolescencia como calquera outro neno do mundo rural, coa única diferenza de que na súa casa non sufrirán nunca a miseria e a fame que coñeceron moitas familias naqueles primeiros tempos da posguerra. Comeza a escola en Outeiro en plena guerra civil. Logo prepara en Rábade o ingreso no Instituto cun mestre que dedica as tardes dos sábados a ler e comentar textos poéticos galegos -algo verdadeiramente sorprendente nesa época-, o que lle permite descubrir a existencia da literatura galega nesa etapa inicial da súa vida. Inicia o Bacharelato no curso 1942-43 no Instituto Masculino de Lugo. Antes de rematar o primeiro curso, en maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno D. José, párroco de San Froilán e profesor de Filosofía no Instituto Feminino da cidade luguesa, hoxe soterrado ó seu carón. Son anos duros e difíciles, que o futuro poeta vive como internado na Academia Galicia dos maristas até que no 1947-48 regresa ao Instituto para rematar o bacharelato. Sempre que pode, de calquera xeito, retorna aos seus eidos, á liberdade de Outeiro de Rei, onde vive días moi felices coa nai e cos irmáns, integrándose plenamente no mundo labrego. Precisamente é cun criado que traballa na casa, Manuel de Paderna, co que aprende a facer versos nos mediodías do verán, á sombra dunha oliveira, símbolo da paz. Quizais esa sombra  acubillou o seu carácter decote pacífico.  Ademais da influencia cultural do seu tío crego, moi formado en Teoloxía, Filosofía e Literatura, nese tempo da adolescencia de Manuel María é para el lectura habitual A Biblia, a obra de Rubén Darío, os clásicos españois e a Xeración do 27.

1949 é un ano transcendente e decisivo na vida de Manuel María. Con só dezanove anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez, invitado polo poeta Luis Pimentel, na que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero; convértese en editor da revista Xistral -onde publica os seus primeiros versos en galego-, e escribe o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, que sairá ao ano seguinte na colección Benito Soto, de Pontevedra.

O seu primeiro libro de poemas, que acada un grande eco nos xornais e recibe o eloxio de figuras como Otero Pedrayo, ten un triple valor histórico: é o primeiro libro que publica Manuel María, é a primeira obra que sae á luz dun poeta novo e é o texto que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra.

Tamén en 1949 matricúlase por libre en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, estudos que abandona ao ano seguinte. Nacen os primeiros versos de Morrendo a cada intre. A morte en accidente do seu irmán máis novo prodúcelle unha profunda crise íntima e relixiosa que o leva a escribir Libro de pregos. Pouco despois fai o servizo militar en Parga e en Compostela, onde coincide de novo con outro futuro poeta que xa coñecera en Lugo: Uxío Novoneyra. Na cidade de Compostela manterá unha grande relación cos intelectuais galeguistas, especialmente con Otero Pedrayo e Carlos Maside. Este último achégao á realidade do pensamento marxista.

En Lugo, xa liberado do servizo militar, inicia os estudos e prácticas de Procurador dos tribunais, publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Bos Aires. No verán de 1953 escribe a primeira redacción de Terra Chá, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas. Son anos de intensa creación poética, que se traduce en diversos libros, moitos dos cais permanecerán inéditos longo tempo.

En 1956 Manuel María coñece a Saleta Goi e ábrese aí unha nova etapa persoal na vida do escritor. Casan en Lugo tres anos máis tarde e pouco despois instálanse os dous en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a actividade profesional de Procurador até a súa xubilación.

Entre 1959 e 1963 manteñen unha grande relación co grupo de intelectuais de Ourense (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, etc.) e asisten ás primeiras reunións para reorganizar o nacionalismo galego, un proceso político no que é clave a figura de Méndez Ferrín. É a época do Consello da Mocedade e da ruptura co piñeirismo. Intensifica, así mesmo, a súa creación, non só como poeta, senón tamén como narrador e dramaturgo. Desta época cómpre destacar libros como Documentos persoaes (1958) e Mar Maior (1963).

A resistencia cultural que caracterizou as etapas anteriores increméntase na segunda metade dos sesenta, ao tempo que aparecen os primeiros partidos nacionalistas galegos, a Unión do Povo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG), que veñen encher o baleiro creado pola liquidación do Partido Galeguista. Asistimos igualmente ás primeiras folgas obreiras, á loita labrega contra FENOSA e ás revoltas na Universidade. O compromiso de Manuel María ao longo de todos eses anos levao a percorrer o país e a participar en importantes acontecementos para a cultura galega e para o país: a presentación de Raimon e da Nova Canción Galega, a creación da colección de poesía Val de Lemos, a edición de discos en colaboración coa discográfica EDIGSA, a inauguración da Libraría Xistral, etc.

No campo creativo a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa: Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, Remol, Canciós do lusco ao fusco…En 1975 presenta a súa renuncia como membro correspondente da Real Academia Galega dada a total ineficacia desta institución en defensa da lingua galega e dona a propiedade de Edicións Xistral ao recén creado Frente Cultural da AN-PG, organización esta da que Manuel María será un activo militante.

Entre 1978 e 1980 é a madureza. Correspóndese co momento da transición política e da creación dun marco autonómico. A poesía galega non é allea a eses cambios que se producen na sociedade e no plano político. O poeta inicia o regreso ao amor e aos eidos nativos como temas da creación literaria. Poemas ao Outono, escrito xa no umbral desa época, sinala como ningún outro libro un novo rumbo na voz poética de Manuel María. Aínda así, o poeta non renunciará en ningún momento ao seu compromiso activo co nacionalismo galego, formando parte inclusive das candidaturas ao Senado e ao Concello de Monforte.

Cada a madureza total entre 1981 e 0 2004. A súa poesía acada unha expresión máis íntima e humanista e nestes anos escribe e publica talvez o seu máis rico corpus poético. O poeta participa activamente nas actividades de entidades como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a recén creada Asociación de Escritores en Lingua Galega e emprende tamén unha serie de viaxes que o levan a diversas partes de Europa.

Nesta época son frecuentes as homenaxes, os premios e os recoñecementos: Premio Celanova, Casa dos Poetas, Fillo Adoptivo de Monforte de Lemos, Amigo de Quiroga, Lucense do Ano, Pedrón de Ouro, Irmandade do Libro, Letra E da AELG, Premio Otero Pedrayo, etc. Mais hai dous actos que foron moi especiais para o poeta: a homenaxe nacional que a AS-PG lle tributou no Teatro Rosalía de Castro en 1995 e a entrada como académico numerario na Real Academia Galega en 2003.

En 1998 Manuel María e Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs.

Hai que salientar, ademais, a aparición en 2001 da súa Obra Poética Completa, da man da editorial Espiral Maior, que dirixe o tamén poeta Miguel Anxo Fernán Vello, e a publicación un ano antes dun libro-homenaxe impulsado pola Asociación Cultural Xermolos.

Manuel María morre o 8 de setembro de 2004 na Coruña. Despois do velorio no Panteón de Galegos Ilustres, o seu corpo foi trasladado a Outeiro de Rei no medio dunha multitude de galegos e galegas que quixeron dar o seu derradeiro adeus ao poeta nacional de Galiza.

As relacións do noso poeta con Euskal Herria e a bisbarra de Pasaia-Donostia foron mopi intensas. Estivo en vida moi vinculado a Euskal Herria por unha morea de ligames: mantivo unha forte amizade co grande escritor euskaldun Gabriel Aresti, da que fica abundante correpondencia, escribiu varios artigos sobre a poesía deste autor, sentía unha inmensa admiración polo escritor de Iparralde, Francis James, soterrado en Hasparren,  pronunciou conferencias e recitais ao longo da xeografía vasca, participou nos Galeuscas de escritores celebrados en Baiona (1986), Bilbo (1988), Iruña (1991), Gasteiz (1994) e Biarritz (1997), leu o  pregón do Día de Galiza en Euskadi en Laudio, publicou artigos e libros, onde inclúe poemas dedicados a Euskal Herria etc.

Visitou Eukal Herria para levar a cabo as actividades literarias en 1972, 1973, 1974, 1975, 1978, 1981, 1982, 1985 ( en dúas ocasións), 1986, 1988, 1990, 1991, 1994, 1995, 1997 e 1999 en diferentes localidades como Barakaldo, Donostia, Laudio, Iruñea, Gasteiz, Biarritz,  Sestao e Pasaia. Concretamente en Pasaia estivo para pronunciar conferencias, celebrar homenaxes a Castelao na súa rúa, presentacións de libros e recitais en 1978, 1981, 1982, 1985, 1986, 1990, 1997, actos dos que fica constancia documental e fotográfica.

Varios dos seus traballos foron traducidos ao éuscaro polo escritor Koldo Izagirre, Joseba  Sarrionandia e Omar Nabarro como: “O auto do Maio esmaiolado”, “Unha espiña de toxo chamada Berenguela”, “Poemas Náufragos”, “Saturno” varios poemas soltos etc.

Mantivo unha fonda amizade, que se pode acreditar, cos escritores eusladuns: Gabriel Aresti, Koldo Izagirre, Arantxa Urretabizkaia, Ramón Etxezarreta, Omar Nabarro, Patri Urkizu, Txomin Peillen, Iñigo Arambarri, Gorka Arrese, Josu Etxezarreta, López de Mendizábal, Juan Garmendia Larrañaga, Eugenio Arocena, o cantante Mikel Laboa e outros.

documento-3Para os lectores desta revista é moi grato engadir a súa sinatura do Libro de visitas da Sociedade Bertsolari Txirrita o 8 de maio de 1990 con estas verbas: “O comer e o beber está moi ben. Éo mellor que hai que facer. Amén. Manuel María. Saúdiña e que canten moitos cucos. 8 maio 1990. Ano de Pimentel. !Viva Euskadi! !Gora Galicia“.

xose-image003image003

Esta foto que engadimos é unha constancia gráfica e gastronómica doutra das moitas visitas con que nos agasallou. Corresponde a unha cea na Sociedade Bertsolari Txirrita o 17 de novembro de 1995 co gallo da presentación dun libro de poemas “O fume das cinsas”, do poeta Andoni Vázquez Tierra.

Xosé Estévez.

2 iruzkin

  1. Joan Mari irigoien

    Txit interesgarria, zinez!

    jmi

  2. Joan Mari irigoien

    Lehen ahaztu egin zait esatea: besarkada estu-estu bat zuretzat, Xosé Estévez!

    jmi

Iruzkina idatzi

Estibaus

Atalak

Maiatza 2020
A A A O O L I
« api    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

RSS

Azken iruzkinak

  • Estibaus » 80 urteko anexioa: aitormena
    (2020, Maiatzak 20)
    «[...] Aurreko sarrera batean Donostiako Udalari dei egiten genion Errepublikarekin zuten konpromisoagatik jazarriak izan ziren zinegotzi altzatarren lan politikoa onar ...»
  • joan mari irigoien
    (2020, Maiatzak 8)
    «Aldez aurretik bada ere, ESKERRIK ASKO, Ion Urrestarazu! jmi »
  • Estibaus » Altza prentsan (1936-1940)
    (2020, Maiatzak 7)
    «[...] Altzako alkate izateari utzi eta hilabetera, Gobernu Zibilak 1.000 pezetako isuna jarri zion Antonio Silvari, babarrunak legez kanpo saltzeagatik. ...»
  • Beatriz Garmendia
    (2020, Maiatzak 4)
    «Por cierto, soy hija de carmen, la hermana de Agueda Otegui »
  • Beatriz Garmendia
    (2020, Maiatzak 4)
    «Hola Edurne, soy Beatriz, sobrina de Agueda Otegui. Si quieres ponte en contacto conmigo, me encantaría saludarte. »

etiketak


Sarean