Etiketaren izena: Galizia

A fuxida do Arkale

2019, Otsailak 19

cdmh_ps_gijon_f_c069_exp013_001

Sergio Balchada Outeiral

Actividade febril no local do Sindicato de la Industria Pesquera de Cariño, vencellado á CNT. Xa pasan tres días dende que o golpe de estado contra a República ten acontecido. Fóra agardan catro camións cara os que desfilan unha grea de milicianos escasamente armados. Os camións parten con douscentos esquerdistas capitaneados polo dirixente cenetista José Suarez. Van camiño de Santa Marta de Ortigueira (Velasco, 2006).

Unha vez na vila reúnense có tenente da Garda Civil Máximo Lobo, comandante do posto local. Queren saber de que lado está o militar e cales son as súas intencións para atallar as posibles accións dos dereitistas da bisbarra. Segundo se desprende dos acontecementos o tenente debeu persuadir aos sindicalistas da súa lealdade ao goberno establecido. Quizais fose certo e foi a deriva dos sucesos en Ferrol e A Coruña convenceron a Lobo de virar as lealdades.   (gehiago…)  »  

Galegos en Altza: República e Guerra Civil

2017, Uztailak 25

Sergio Balchada Outerial

Tripulación VendabalÁ altura de 1932 Altza contaba con 4.050 habitantes (Anuario, 1932). Entre éstes hai que suliñar a presenza dun importante colectivo de galegos emigrados á antedita vila na procura dun porvir mellor ao que podían aspirar na súa terra.

A importante emigración galega que comeza a espallarse polas vilas costeiras gipuzkoarras debe a súa razón de ser ao nacemento en 1926 na vila aledaña de Pasaia da PYSBE (Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España). Trátase principalmente de mariñeiros atraídos pola propia empresa para cobrer as prazas vacantes nos bacaladeiros, prazas que os pescadores locais non conseguen copar polo que é preciso acoller man de obra foránea traballadora e especializada nas artes da captura do bacallau. As rías galegas resultan ser un excelente caladoiro. (Orejas, 1995)   (gehiago…)  »  

Manuel María: Poeta Nacional de Galiza

2015, Azaroak 19

foto-6

Xosé Estévez

Para o vindeiro ano 2016 a Real Academia Galega elixiu a Manuel María para dedicarlle o Día das letras Galegas. Este extraordinario escritor, admirador de Euskal Herria, colaborador desinteresado do Fato Daniel Castelao e sincero amigo meu ben merece esta crónica, moi curta para os seus méritos.

Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 na Casa de Hortas, en Outeiro de Rei, da Terra Chá, no seo dunha familia labrega acomodada, con criados prós labores do campo.

A TERRA CHÁ é unha longa chaira, unha paisaxe de celmosas e agarimantes ondulacións, tutelada por castros como o de Viladonga e vixiada polo rexo batallón da Serra do Xistral e dous sentinelas esculcantes, sempre  á espreita, as Penas de Rodas. Unha antiga lagoa cubría, ó parecer, toda a meseta e fican como mostra algunhas lagoas como a de Cospeito ou misteriosa e arrepiante do Ollo. As augas do pai Miño caudal súcana amorosamente e alédana cursos máis pequenos como o Ladra ou o diminuto regato do Cepelo, tan querido prá Manuel María. Berce de egrexios poetas como Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, Noriega Varela, Fernán Vello, Darío Xohan Cabana, Rábade Paredes e outros.   (gehiago…)  »  

Estibaus

Atalak

Martxoa 2019
A A A O O L I
« ots    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

RSS

Azken iruzkinak

  • Antonia iglesias
    (2019, Otsailak 28)
    «Esto del amianto es todo tongo porque si lo avia ahora también lo tenía que a ver hantes de hacer ...»
  • Información Alternativa
    (2019, Otsailak 23)
    «[...] Todo ello se puede entender mucho mejor, atendiendo al contenido del texto recientemente publicado por Antonio Bernardo Reyes, accesible a ...»
  • Rafael Artola Azpeitia
    (2019, Otsailak 18)
    «Mi abuelo pedro Azpeitia se caso en Alza, en Artzaka en el año 1897 con Josefa Paula Arratibel Zamora de ...»
  • Eugenio Rojo
    (2019, Otsailak 12)
    «Una vez leida la informacion que se publica creo oportuno convocar al grupo de seguimiento de la ejecución del Polideportivo ...»
  • Isidro Godoy De Lezcano-Mújica
    (2019, Otsailak 10)
    «Que me alegro de saber que eres tu. Me ha pasado lo mismo no volví al chat y te dí ...»

etiketak


Sarean